Evento: Presentación "O cuarto de Jane" de Charo Pita

Presentación "O cuarto de Jane" de Charo Pita
mércores, 30 xuño, 2021 - 19:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Presentación "O cuarto de Jane" de Charo Pita

XV Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas

Presentación do libro de poemas de Charo Pita "O cuarto de Jane" gañadora do XV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas que organiza anualmente o Concello de Malpica de Bergantiños e a Editorial Caldeirón.

A escritora, actriz e narradora oral nada na nosa cidade en 1966, é Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidad de Salamanca, obtivo en 2001 o Premio de Poesía Espiral Maior co libro Desde Arcadia para Govinda e é autora dunha extensa obra de literatura infantil e teatro.

Segundo recolle a acta do xurado do premio, “O cuarto de Jane" foi escollida unánimemente por ser un libro transgresor, pola súa beleza e pola frescura coa que se aborda o erotismo, sempre de forma directa, sen complexos, libre, un poemario moi ben construído, radicalmente heterodoxo, protagonizado por mulleres e onde a poesía brilla na transparencia de cada verso”.

Lugar: Salón de actos

Organiza: Livraría Suevia

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
Peza do mes: Instrumentos de medición
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "Las voces silenciadas"
15 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal