Evento: Hijas de Galicia, Macorinas
Hijas de Galicia, Macorinas
Hijas de Galicia, Macorinas, dirixido por Xosé Lois Santiago ?Pello?, natural de Castrelo de Val, e Fran Naveira, orixinario da Coruña. Trátase dun traballo que conta a historia de explotación dunha parte da emigración feminina galega a Cuba, establecendo analogías con situacións que suceden na actualidade con migrantes en diferentes partes do mundo.
O documental narra a historia da asociación ?Fillas de Galicia?, formada por esas mulleres emigradas galegas e pon de manifesto diversas historias de protagonistas que sufriron enganos para entrar a formar parte da prostitución cubana a comezos do século pasado.
?A situación non deixa de ser similar á doutras mulleres que hoxe en día emigran á nosa terra, ou a outros lugares, e acaban desempeñando a mesma función, sendo explotadas por mafias sexuais?, destaca o co-director do documental, Xosé Lois Santiago ?Pello?.
Obter información, datos e imaxes destas mulleres emigrantes galegas converteuse nun labor moi complicado, debido principalmente ao escurantismo e ás doses de vergoña que implica o concepto de prostitución.
?O noso medo inicial ao chegar á Habana era non atopar suficiente información sobre o tema. Pero isto desvaneceuse cando comezamos a falar cos nosos asesores e contactos?, destacan os directores desta obra documental.
A partir dese momento, un mundo que ata entón estivera escondido, saíu á luz e afloraron diversos testemuños que os autores de óbrea recolleron nas súas visitas á illa, durante os anos 2012 a 2019.