Evento: Barbituricos

Barbituricos
sábado, 12 xuño, 2021 - 13:00
Sala Rebullón,
Mos

Barbituricos

Concerto de punk rock.

Barbitúricos nacen durante unha partida de futbolín no Bar-Tolo de Compostela. Unha formación na que nos atopamos con tres veteranos da escena galega: Vituco (Ruxe Ruxe), Xurxo Pinheiro (Xenreira, Malandrómeda) e José Manuel Pedra (Desequilibrio Mental, Astarot).

É o o Bar-Tolo onde dan o seu primeiro concerto, o 6 de febreiro do 2014 acompañando a Vos Novos. Dous días despois ambas as formacións repetían no Rockin? Swing de Vigo, e o 11 de marzo na Reixa (Santiago D.C.). É unha época moi activa para o grupo, na que os concertos se suceden, tocan no Artábria (Ferrol), na sala Nasa de Compostela con Zënzar  e Ou Leo i Arremecághona (Dás Kapital), en Catoira (Pontevedra)

Eles defínense como unha banda de punk rock coas ideas moi claras: Barbitúricos chegan, tocan e falan coas mozas e mozos do lugar. Toman cubalibres de Larios e danlle caladas a joins de jachís e maría. Tamén son moito de ir a centros comerciais a comprar trapitos pola súa condición de escravos da moda.

O 2015 é máis pausado, pola actividade das outras bandas dos membros de Barbitúricos pero o 2016 chega forte. Lixo Urbano encárgase de editarlles o single en vinilo 7: Barbitúricos (Lixo Urbano, 2016). Dous cortes producidos por Hevi (Fluzo, Malandrómeda) marcados polos riffs áxiles e certo malo leite. Na cara A Escravos dá moda, intensidade no centro comercial. Punk-power-pop e compras compulsivas, sexo e delirio. Na cara B Bonnie & Clyde, rock con tinguiduras surf e ska, e unha intro a cargo de Patricia de Lorenzo realmente espectacular. Lembrando ese inicio irresistible de "Pulp Fiction" (Quentin Tarantino, 1994).

Máis eventos de tipo Concerto

Julia Villarroel
15 de maio
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 3
Luar na Lubre XX. Encrucillada
17 de maio
Pazo da Cultura