Evento: Visita Virtual Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

Visita Virtual Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón
sábado, 15 maio, 2021 a xoves, 1 xullo, 2021
Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña,
A Coruña

Visita Virtual Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

Visita virtual.

Esta visita virtual permitiranos descubrir o Museo de San Antón dunha maneira directa e amena. A través dela poderemos percorrer as instalacións do Castelo e as dependencias dedicadas ao Museo Arqueolóxico e Histórico da cidade.

Poderemos visitar os exteriores do edificio a través dun despregable dos diferentes espazos da antiga fortaleza ou grazas a un plano das dúas plantas, e tamén acceder aos interiores do Museo Arqueolóxico na planta baixa e á sección de Historia na planta alta da Casa do Gobernador. Todo iso, acompañado duns puntos informativos ao longo de todo o percorrido, que completarán as magníficas vistas do castelo e a súa contorna, dándonos a coñecer o noso patrimonio.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Rótulas urbanas con Elvira Carregado
2 de xullo
Biblioteca Pública de Ourense
Visita guiada ao museo e visita á salgadura de Mourisca
Visita guiada ao Museo e á Salgadura de Mourisca
6 de xullo a 27 de xullo
Museo Massó