Evento: Corufest 2021: encontro con Valeria Vegas
Corufest 2021: encontro con Valeria Vegas
Valeria Vegas achégase ao Corufest e será entrevistada pola escritora coruñesa Miriam Beizana.
O Festival Corufest convida a Valeria Vegas, autora de libros como Libérate: la cultura LGTBQ que abrió camino en España (Dos bigotes, 2020), Vestidas de azul. Análisis social y cinematográfico de la mujer transexual en los años de la Transición española (Dos Bigotes, 2019). Grandes actrices del cine español (Ocho y Medio, 2015) e ¡Digo! Ni puta ni santa. Las memorias de La Veneno (Roi Porto Calvete, 2016), a exitosa biografía que serve de base para a serie de televisión creada por Javier Calvo e Javier Ambrossi.
Vegas aterra na Coruña no marco do festival Corufest e da man da escritora coruñesa Miriam Beizana Vigo. O encontro, con capacidade limitada, desenvolverase na aula 9 do Centro Ágora.