Evento: Canta miña pedra, canta
Canta miña pedra, canta
“Canta miña pedra canta”, un espectáculo familiar dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos que levarán adiante o músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita, baixo xestión da Editorial Galaxia. Xoán Curiel volve ao Falaredes acompañado nesta ocasión da narradora e contadora Charo Pita. A actividade vira ao redor dos relatos populares galegos e de cancións que don Antonio Fraguas, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, recolleu nas súas Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade.
Co obxectivo de que o público que ve o espectáculo poida seguir profundando na lectura en galego e no coñecemento do noso patrimonio lingüístico e literario, cada familia asistente recibirá antes de marchar unha pequena antoloxía de narracións tradicionais de Galicia escolmadas por Quique Harquindey e Maruxa Barrio titulada O fillo do rei e outros contos populares.