Evento: Daniel Pereira González

Daniel Pereira González
sábado, 5 xuño, 2021 - 19:00
Liceo de Ourense,
Ourense

Daniel Pereira González

Recital de piano.

Nacido no Carballiño, onde inicio os seus estudos musicais, obtivo o Premio Extraordinario no Conservatorio de Ourense, se graduó cun Doutoramento en Artes Musicais na Universidade de Maryland, un Master en Música na Universidade de Hartford e un Diploma de Artista na Universidade Estatal de Nova York, todas nos Estados Unidos. Concedéronselle os prestixiosos premios Moses Haltzmark e a Hartt Alumni Award. Pereira recibiu en dúas ocasións a bolsa Evelyn Storrs. A súa tese doutoral consistiu na gravación en directo, en dous concertos, dos preludios completos para piano de Alexander Scriabin. Pereira gravase a integral dos preludios para Odradek Records en 2017.

Como estudante, Pereira formouse en festivais e master clases en España, Portugal, Francia, Italia, Bélxica, Suíza, Republica Checa, Brasil e Estados Unidos. Foi fundador da sociedade Amigos do Piano e director artístico dos Festivais Internacionais de Piano Conde de Gondomar, nos que participou como relator e pianista. Tamén foi co-director do Vianden International Music Festival en Luxemburgo. Pereira apareceu en televisión e radio, en España, Brasil e nos Estados Unidos. Pereira traballou cos mestres Luiz de Moura, Paul Ostrovsky, Mikhail Volchok, Boris Berman, Helena Costa, Steve Lubin, Eugene Pridonof, Kornelia Ogorkowna e Carlos Cesar Rodríguez, entre outros. Foi seleccionado para participar nas masterclasses de prestixiosos pianistas como Garick Ohlsson e Seymour Lipkin.

Pereira combina a súa actividade pedagóxica e pianística, con concertos nos Estados Unidos, Brasil, Italia, Bélxica e España. Tamén participa como profesor, artista invitado e relator no International Keyboard Festival & Masterclass Eurocity Tui-Valenca (IKFEM) e ofrece masterclases na Turtle Bay Music Shool en Nova York. Realizou unha extensa investigación sobre pianistas do pasado, antigas e actuais gravacións e escola de interpretación na únicainstitución do seu tipo, os International Piano Arquives at Maryland (IPAM) nos Estados Unidos. Pereira considera que esta experiencia enriqueceulle enormemente como pianista e pedagogo.

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
10 de agosto
Praza do Parque
Concerto
10 de agosto
Praza Portal
A Roda – Xira 2025
11 de agosto
Praza de España
Concerto
14 de agosto
Praza da Galicia