Evento: Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias
Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias
O Teatro dás Torres de Santa Cruz acolle unha conferencia de Yolanda Castaño sobre a vida de Xela Arias. A poeta mostrará como xa na infancia da escritora albiscábanse os valores que guiarían o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desatender expectativas, rebelarse contra as imposicións, e non deixarse guiar por modelos de segunda man... Como di Castaño, a biografía de Xela Arias é ?a aventura radical de chegar a ser unha mesma?.
XELA ARIAS
Xela Arias (Sarria, 1962 ? Vigo, 2003): poeta, tradutora e editora, desenvolveu o seu traballo profesional en Edicións Xerais entre 1980 e 1990. Tras licenciarse en Filoloxía, exerceu como profesora de ensino secundario ata o seu falecemento. Algunhas das súas obras foron: Denuncia do equilibrio (1986); Tigres coma cabalos (1990), en colaboración co fotógrafo Xulio Gil; Darío a diario (1996); Intempériome (2003). Realizou numerosas traducións, labor pola que recibiu recoñecementos como: Medalha do Prêmio de Traduçao Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución ou o Premio Plácido Castro. A súa voz poética está marcada pola innovación e unha intención transgresora da palabra.
YOLANDA CASTAÑO
Escritora, tradutora, crítica literaria e unha activa dinamizadora cultural. Biógrafa de Xela Arias na obra titulada Xela quixo ser ela: Biografía de Xela Arias.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso