Evento: Pauliña

Pauliña
venres, 12 marzo, 2021 - 19:30
Auditorio Casa da Cultura,
Ames

Pauliña

Concerto de contry folk.

PAULIÑA é unha nova proposta galega de country folk que debutou en maio do 2018 co seu primeiro traballo De-Xeneración, con Pauliña (Paula Chaves) á fronte e arroupada por uns grandes músicos que levan máis de 20 anos na estrada e que tocaron xunto a bandas como Ska-p, Seguridade Social, Presuntos Implicados, Os inimigos...

Ao longo de todo este ano pasado deron máis de 20 concertos por toda Galicia, sorprendendo ao público e crítica cos seus temas directos, con letras que chegan moi dentro e cun directo demoledor, que non deixa a ninguén indiferente e fai que o público participe no show.

Compartiron escenario con bandas como O Drogas, Talco, The Tolos, Ana Bacalhau, Ses, Guadi Gallego, etc., conseguindo xuntar no seu concerto durante as festas do Albariño (Cambados) a máis de 5.000 persoas e nas súas actuacións en salas, sold out na maioría delas antes da data da actuación.

O 20 de decembro presentaron un novo EP Decideu non ser de ninguén con dous novos temas, no que participa xunto a Pauliña o rapero mallorquino Valtònyc poñendo a súa voz en Eu vin ou mar chorar, unha alegación a favor da liberdade de expresión, a liberdade individual e a loita contra as inxustizas e actitudes machista por parte da sociedade actual.

Se non a coñeces ven a descubrir a Pauliña: unha muller rompedora, loitadora, comprometida cunha mensaxe clara e directa tanto nas súas letras como na súa música.

  • Pauliña - Non é ficción

Máis eventos de tipo Concerto

Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto musical a cargo de Francisco Castro
16 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Concerto do Coro Xuvenil de Lugo
16 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Rebeliom do Inframundo
16 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5