Evento: Daniel Felices
Daniel Felices
Daniel Felices, nacido en Terrassa (Barcelona), xoga e vibra coa música desde a súa infancia. Nas súas raíces leva o son do sur, do rock progresivo e do pop. En 2004 as súas raíces dan forza e forma ao que foi o seu proxecto máis importante, D’Calade. Neste proxecto Daniel convértese no compositor principal e na alma mater do grupo. Con eles realiza máis de 800 concertos por España, Europa, Oriente Medio e Latinoamérica.
En 2015, crea Da Carmela xunto á artista colomense Queralt Lahoz. Daniel empeza así unha nova procura: a esencia da música, a nudez na escena e o lugar indispensable do silencio. O bolero, o tango e o son ecoan no dúo e no público en máis de 450 concertos pola península e Europa.
Despois de realizar diferentes proxectos multidisciplinares con poesía e teatro, Daniel Felices, continuando a procura cara ao primario, compón o seu primeiro disco en solitario: Trazando os eixos. Sesión de estudo I. Este disco convértese no seu álbum máis arriscado por canto de vulnerable hai nel. As cancións grávanse a guitarra e voz sen outra protección nin apoio. É unha creación radicalmente medular como os seus directos. Debido ao estado de alarma non é ata o de agora cando empeza a mostralo en directo. Un directo onde, rompendo esquemas, atopamos a unha persoa emocional que canta todo o máis esencial.
Coma se dun “retazo” dos anos 70 se tratara, no que se sobrepoñen novas capas, Daniel Felices é Rock, Flamenco e Folclore a partes iguais. E o máis importante; é a súa propia voz atrevéndose a desposuírse #ante os outros por primeira vez.