Evento: Voluntariado Miúdo Móvete

Voluntariado Miúdo Móvete
venres, 28 maio, 2021 - 11:00
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Voluntariado Miúdo Móvete

Encontro organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Ao igual que en pasadas edicións, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado realiza un encontro do programa Voluntariado Miúdo, posto en marcha no ano 2016 e destinado á educación primaria, que xunto cos programas Pasaporte Solidario e Rede de Centros escolares Solidarios completa o ciclo da formación en materia de voluntariado na educación obrigatoria e bacharelato.

O proxecto pretende ser un instrumento para a formación integral do alumnado de educación primaria ao redor dos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade.

Os obxectivos principais do programa son:

A inmersión nos valores solidarios e na acción voluntaria dende o comezo da etapa educativa obrigatoria.

O traballo dos valores solidarios dende un contexto lúdico empregando a música como un mecanismo motivacional.

Co fin de acadar os obxectivos propostos deseñouse un proxecto en base á canción “Móvete” de Paco Nogueiras, canción que se emprega como instrumento didáctico inspirador dunha parte do proxecto, e que serve de reforzo aos nenos e nenas implicados.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Recomendacións do club de lectura de cómic
Recomendacións do club de lectura de cómic
1 de xullo a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense