Evento: Virada Liderado 2021

Virada Liderado 2021
xoves, 10 xuño, 2021 - 11:00
Biblioteca e Arquivo de Galicia,
Santiago de Compostela

Virada Liderado 2021

Programa para persoas con responsabilidades directivas.

O programa VIRADA Liderado pretende contribuír a que persoas con reponsabilidades directivas ou de coordinación de equipos de traballo, a quen vai dirxido, adquiran competencias estratéxicas, interpersoasi e persoais que as capaciten para o exercicio dun liderado máis efectivo.

Preto de 30 entidades de economía social  confiaron en VIRADA Liderado para contribuír ao desenvolvemento das súas líderes. Persoas particulares tamén teñen o seu lugar neste espazo de formación.

As actividades principais que estruturan o programa son:

Encontros presenciais outdoor.

Talleres de contido sobre liderado.

Coaching persoal.

Proxecto de Impacto Organizacional.

VIRADA Liderado é herdeiro e continuación en Galicia do Programa de liderazgo desenvolvido desde o ano 2009 en Euskadi pola Escola de Liderado e Emprendemento de  EDE Fundazioa.

Tanto VIRADA Liderado, como o Programa de liderado de EDE Fundazioa, forman parte dun itinerario formativo que se desenvolve en coordinación coa Mondragon Unibertsitatea (Universidade de Mondragón) e que culmina cun Máster en coaching de personas y equipos.

 O programa está promovido por ALGALIA e EDE FUNDAZIOA para o desenvolvemento do liderado en entidades de economía social.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
XVI Premio Atlante de Gravado
13 de setembro a 13 de novembro
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Outono
15 de setembro a 11 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2025-26
18 de setembro a 4 de xuño
Avenida do Burgo das Nacións