Evento: Emilia Pardo Bazán, unha mente poderosa
Emilia Pardo Bazán, unha mente poderosa
luns, 10 maio, 2021 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Emilia Pardo Bazán, unha mente poderosa
Faladoiro a cargo da escritora María Canosa
Faladoiro “Emilia Pardo Bazán, unha mente poderosa” que estará a cargo da escritora María Canosa e baseado no seu libro de mesmo título. María Canosa realizará un breve percorrido pola vida de Emilia Pardo Bazán, muller con mente ávida de ideas e coñecemento. Unha muller que se forxou a si mesma e que tivo que enfrontarse aos atrancos da sociedade machista do seu tempo.
No salón de actos. Para nenas e nenos a partir de 8 anos e público adulto. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.