Evento: Festival TerraCeo: Triángulo de Amor Bizarro

Festival TerraCeo: Triángulo de Amor Bizarro
sábado, 31 xullo, 2021 - 20:30
Terraza Auditorio Mar de Vigo,
Vigo

Festival TerraCeo: Triángulo de Amor Bizarro

Concerto de Pop-Rock.

Triángulo de Amor Bizarro publicaron en 2020 o seu quinto disco, producido por Carlos Hernández. É un dos grupos da escena independente iberoamericana máis respectados e reivindicados da última década. Desde o primeiro momento non deixaron de crecer, e cada álbum supuxo un paso adiante nunha evolución imparable.

Este disco supón a consecución de todas as súas virtudes, e será sen dúbida o traballo polo que serán lembrados no futuro.

Máis aló do alcance, do recoñecemento, do éxito ou do fracaso, de que sexa o mellor ou o peor dos nosos discos, das reproducións ou os likes, estas cancións reflicten o que somos, son o que somos, o que sentimos e o que nos importa, o que amamos e o que odiamos. Estas cancións son, máis que nunca, nós. Este disco representa a causa e o porqué da nosa dedicación a isto. Triángulo de Amor Bizarro

  • Triángulo De Amor Bizarro - De la monarquía a la criptocracia (Video oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

Conto-concerto
28 de xuño
Praza García Barbón
Maxicamente
2 de xullo
Praza do Cantón
Maxicamente
3 de xullo
Praza do Concello