Evento: Vigo negro e paranormal
Vigo negro e paranormal
Atréveche a descubrir a cara máis escura e tráxica de Vigo e a ría. Unha percorrido cheo de suspense coñecendo feitos e cousas sorprendentes do noso pasado que non poderás esquecer facilmente?
Roteiros que nos farán meternos na pel de personaxes do noso imaxinario popular e descubrir aspectos sorprendentes e en moitos casos aínda descoñecidos do noso pasado. Experiencias para todos os públicos que por primeira vez pódense gozar en Vigo, e que buscan entreter a toda a familia compartindo cultura ao mesmo tempo. Propostas turísticas enriquecedoras totalmente seguras e adaptadas a todos os públicos.
Os paseos guiados pódense facer en galego ou en castelán e están dirixidos polos guías oficiais de Galicia que as crearon, Borja Concheiro (GT-699-XG) e César Pérez (GT-729-XG), que achegan así o seu gran de area para aumentar a diversidade e a calidade da oferta turística de Vigo fomentando o seu desenvolvemento sustentable e a súa posta en valor como mellores embaixadores para os nosos futuros visitantes.