Evento: Pangalaica

Pangalaica
sábado, 10 abril, 2021 - 12:30
Fundación Vicente Risco,
Allariz

Pangalaica

Presentación con Xurxo Souto.

Tedes unha cita o sábado 10 de abril, ás 12,30 horas, na sede da Fundación Vicente Risco en Allariz, presentación de PANGALAICA con Xurxo Souto.

O 17 de marzo de 2020, Xurxo recibe a chamada de María Obelleiro, directora de Nós Diario, a pandemia paralizou a actividade cultural. Pídelle que durante uns días escriba un pequeno texto para ocupar o espazo que deixou a axenda. É a escusa que precisa. Ao día seguinte aparece “Haberá primavera!”, a primeira entrega dunha longa serie —seis meses de petiscos literarios— para construír toda unha cosmovisión. Persoas e historias marabillosas que foi coñecendo, dende que, hai trinta anos, comezou a percorrer o país co primeiro disco dos Diplomáticos de Monte-Alto, Arroutada Pangalaica.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal