Evento: Premios da Cultura Galega 2020

Premios da Cultura Galega 2020
xoves, 8 abril, 2021 - 18:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Premios da Cultura Galega 2020

O evento será retransmitido en directo a través da canle de Youtube de Cultura da Xunta

A Xunta de Galicia celebra este xoves 8 de abril (18,00h) os Premios da Cultura Galega 2020 cunha gala especialmente simbólica que se converterá nun acto de recoñecemento ao traballo do sector ante a pandemia e na que se abordará a importancia da cultura como elemento imprescindible para a nosa sociedade. O acto, que terá lugar na Cidade da Cultura en Santiago, será retransmitido en directo a través da canle de Youtube de Cultura da Xunta para facelo accesible a todo o mundo.

 

Así, nun ano marcado pola covid-19, a gala –que estará plenamente adaptada ao actual contexto sanitario- reflexionará, a través de distintas pezas escénicas e audiovisuais, sobre o necesario papel da cultura galega e contará coa intervención de novos talentos galegos como o dueto Laura Lamontagne e PicoAmperio, a danza contemporánea de Kirenia Danza ou a soprano Laura Alonso, que pechará o evento interpretando o Himno Galego.

 

 

Nesta edición serán recoñecidas a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia a través dos seguintes oito galardóns e disciplinas:

· Letras: escritora Ledicia Costas

· Artes plásticas: fotógrafo Xurxo Lobato

· Artes escénicas: Federación de Teatro Afeccionado de Galicia (FEGATEA)

· Música: aCentral Folque

· Audiovisual: o exdirector da Filmoteca Española, Chema Prado

· Lingua: o dinamizador da cultura e lingua galegas, Xosé González

· Patrimonio cultural: Fundación Penzol

· Proxección exterior: responsable do Centro de Estudos Galegos en Budapest, Ildiko Szijj

 

O galardón desta edición foi elaborado pola artista Soledad Penalta.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos