Evento: Vida de pobre escritor
Vida de pobre escritor
Encontro entre os escritores Juan Tallón e Xacobe Pato no que baixo o título “Vida de pobre escritor” conversarán sobre as súas rutinas, o proceso literario, o proceso promocional, de todo o que hai que facer para pagar facturas, non estritamente literario, do que escriben, do que deixan de escribir e das dificultades para alcanzar riquezas e recoñecemento universal.
Juan Tallón nado en Vilardevós no ano 1975, é un xornalista e escritor galego. Licenciado en Filosofía, traballa no eido do xornalismo e a comunicación. Foi correspondente do xornal La Región e despois xefe de prensa da Secretaría Xeral de Emigración ata 2008. Despois traballou na Cadena SER, na revista Jot Down, El Progreso, As e El País. Participante en diferentes publicacións colectivas, obtivo coa súa primeira novela o VI Premio Nicomedes Pastor Díaz. Os seus libros afondan na metaliteratura e na derrota. Entre as súas obras destaca Rewind (Anagrama, 2020)
Xacobe Pato (Ourense, 1987) é licenciado en Ciencias Políticas e da Administración. Ten colaborado en medios como Onda Cero ou La Voz de Galicia. Seré feliz mañana é o seu primeiro libro.
Actividade dirixida a público adulto. No salón de actos da biblioteca. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.
A charla será retransmitida en directo a través da conta de Instagram da biblioteca @bpsanxelcasal