Evento: Historias para derreter cera
Historias para derreter cera
Historias para derreter cera
Espectáculo para todos os públicos.
Unha xograresa chega co seu pandeiro coma unha ilusionista de verbas e cántigas, para contar historias de lumes pequenos e grandes, de fragas e paxaros, de serpes e mulleres. É unha obra de formato moi lixeiro, comprendido pola actriz e tres obxectos da súa personaxe. A forma do teatro é popular e pode lembrar á idea da xograría nas prazas, máis popular hai uns séculos. Os contos están alternados con cantos populares e máis cun instrumento, tamén da tradición galega, menos habitual; o pandeiro redondo.
Actriz, titiriteira e contadora ourensá que nos achega fermosas historias contadas coa música e a voz.
Ligazóns