Evento: Leilía- CantarELAS, 30 aniversario

Leilía- CantarELAS, 30 aniversario
sábado, 20 febreiro, 2021 - 21:30
Pavillón Municipal,
Brión

Leilía- CantarELAS, 30 aniversario

Concerto dentro do programa Musigal 2020.

Leilía nace no ano 89, da man de seis mulleres, que cunha aposta pioneira e atrevida, propuxémonos recuperar do esquecemento a tradición oral galega. Ao son das pandeiretas, pronto chegaron os froitos, grazas á singularidade e beleza da música de raíz.

É así como abrimos un camiño propio ao publicar a mediados dos 90 Leilía (Dismedic) composto exclusivamente por pezas tradicionais. Nesta mostra etnográfica as melodías evocan un tempo pasado, que a pesar de agonizar, resístese a desaparecer. Con esta publicación obtivemos un fondo recoñecemento de crítica e público, que descobre un modo de expresión oral, ata ese momento descoñecido na nosa sociedade.

Unha vez sentados os cimentos da nosa razón de ser, atrevémonos/atrevémosnos/atrevémonos/atrevémosnos a dar un paso máis: achegar a música do pasado ao presente, por medio da incorporación de instrumentos e polifonías non tradicionais. Así nace é verdade, i é mentira (Virgin Records) (1998) baixo a produción musical de Nando Casal e Antón Seoane, membros de Milladoiro. Este novo paso permitiunos achegarnos a un novo público. Conquistando así o noso obxectivo: dar continuidade ao pasado a través do presente. A tradición oral galega é xa parte da nosa música actual.

 

  • Leilía interpreta 'Corren os amores' - LUAR

Máis eventos de tipo Concerto

Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Música das Illas, Música do Mar
26 de xuño
Museo do Mar de Galicia
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5