Evento: Festival Vive NIgrán- Sidecars
Festival Vive NIgrán- Sidecars
Concibido como un Picnic pop festival, Vive Nigrán nacía en 2017 coa intención de ofrecer musica e entretemento nun marco incomparable, situado na bahia de Nigrán e co impoñente perfil das Illas Ci?é de fondo. Este emprazamento estratéxico en pleno Val Miñor, é un dos seus trazos distintivos, no que o escenario natural é parte do espectáculo.
O recinto do evento atópase a escasos metros mar, xunto ao areal de Praia America, que se estende entre Monte Lourido e Monteferro, un dos lugares con máis encanto das Rias Baixas.
Vive Nigrán, incluído no circuíto Festivais Rías Baixas, e dentro da marca FEST GALICIA, aúna e fusiona diferentes experiencias para todas as idades: praia, monte, mar, gastronomía, talleres e sobre todo boa música. Sen dúbida un planazo para gozar das mellores bandas da escena independente nun dos lugares máis emblemáticos da costa galega. Artistas como Novidades Carminha, Nathy Peluso, Depedro, Sidonie, Viva Suecia, Morgan, Rufus T. Firefly, Anni B Sweet..xa pasaron polo noso festival.
Máis eventos de tipo Festival