Evento: Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
venres, 23 abril, 2021 a domingo, 9 maio, 2021
Pazo da Cultura de Pontevedra,
Pontevedra

Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

XXII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

A XXII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra contará coa Illa das Esculturas como un novo espazo para o desenvolvemento de actividades.

Esta edición terá un carácter presencial e virtual, polo que, ademais da divulgación das actividades nas redes sociais, buscarase a presencialidad, para que o público infantil e xuvenil poida asistir fisicamente.

Para iso, o Salón contará con «seguridade e protocolos moi rigorosos» e diversificaranse os espazos, o tradicional do interior do Pazo e o exterior, para evitar acumulacións.

O evento pretende fomentar a lectura de libros en galego desde a infancia, á vez que aumenta a creatividade e imaxinación dos máis pequenos. Para iso presenta unha variada selección de propostas para todos os públicos, que van desde contacontos, espectáculos, talleres, presentacións, exposicións, coloquios ou concertos.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal