Evento: Silvia Penide

Silvia Penide
sábado, 27 agosto, 2022 - 20:30
Claustro do Concello,
Ortigueira

Silvia Penide

Concerto da artista galega.

A artista galega Silvia Penide logrou un dos seus soños: a voz de Víctor Manuel soa de marabilla xunto á súa nunha canción que rescatou do seu anterior traballo titulado como a canción: O efecto boomerang.

Os días de chumbo é o título do oitavo disco, o oitavo xa na súa carreira musical, e no que Silvia puxo toda a súa paixón para transmitir esperanza nestes momentos complexos para a humanidade. Letras que nos lembran o que estamos a vivir e que tamén miran ao futuro. O EP ábrese cun dos dous poemas en galego escritos pola autora e musicados ao piano, con composicións orixinais de Carla López, pianista da banda de Penide. Os arranxos de guitarra son outro dos puntos fortes do disco e deles encargouse o guitarrista e compositor Paul Álvarez. O disco, gravado en Drum&Roll Studios da Coruña, viaxou a Madrid para as mesturas de David San José (que tamén achegou baixos e órgano hammond) e a masterización de José María Rosillo.

O resultado final permítenos gozar do constante crecemento desta autora galega que gañou en 2020, por segunda vez, o Premio Martín Codax da Música na categoría de Mellor canción de autor. Un recoñecemento que outorgan as socias e socios de Músicas ao Vivo, a asociación galega de músicos, co que é o seu propio gremio o que decide concederlle ese premio.

  • Silvia Penide - Más de lo Normal | Sofar A Coruña

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Bad Manners + The Eskarallas
15 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5
A clásica historia
16 de outubro
Avenida do Burgo das Nacións
Os do fondo da Barra. Banzo.
18 de outubro
Praza do Balneario de Arteixo