Evento: Dia Internacional da Muller en Carballo 2021
Dia Internacional da Muller en Carballo 2021
O acto central do 8 M será a concentración telemática que se celebrará ás 20.00 horas a través da plataforma www.carballoenrede.com. A partir das 20.00 horas todas as persoas que o desexen, desde calquera lugar do mundo, poderán conectarse desde o computador ou o teléfono móbil para mostrar o seu compromiso coa igualdade.
Como participar?
Pódese participar directamente desde esa dirección web ou utilizando os banners de acceso que están dispoñibles na páxina web do Concello de Carballo e na edición dixital de La Voz de Galicia.
Duración
A concentración durará 15 minutos e finalizará coa lectura do manifesto do 8 M aprobado polo municipalismo galego a través da Fegamp. Será unha lectura coral, coa participación das nove concelleiras da corporación municipal.