Evento: Real Filarmonía de Galicia- Paul Daniel

Real Filarmonía de Galicia- Paul Daniel
venres, 20 maio, 2022 - 20:00
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

Real Filarmonía de Galicia- Paul Daniel

Concerto de música clásica.

Paul Daniel é o director titular e artístico da RFG desde 2013 e tamén se encarga da dirección musical da Orquestra Nacional de Bordeus. Entre 2009 e 2013 foi o principal director e conselleiro artístico da West Australian Symphony Orchestra de Perth e foi director musical da English National Opera e da Ópera de North, ademais de principal director da Ópera Factory. Foi director invitado das máis destacadas orquestras e compañías de ópera por todo o mundo. Dirixiu no Royal Opera House Convent Garden, na Monnaie en Bruxelas, na Ópea Estatal de Baviera en Múnic, na Ópera Semper de Dresde ou no Metropolitan Opera de Nova York.

Recentes e futuros compromisos operísticos inclúen Lucrecia Borgia e As vodas de Fígaro coa English National Opera, un novo encargo de Judith Weir para o Festival de Bregenz e o Covent Garden, Gloriana no Covent Garden, Lulú na Monnaie, un dobre cartel con L?Enfant et lles Sortilleges e Der Zwerg coa Ópera Nacional de París, Os troianos coa Ópera de Berlín, Hansel e Gretel en Zúric, A Village Romeo and Juliet coa Ópera de Frankfurt, Werther no Novo Teatro Nacional de Tokio, a estrea mundial de The Thirteenth Child de Ruders en Santa Fe; e Elektra, Tristán e Isolda e A valquiria en Bordeus.

Ademais dos seus concertos coa Orquestra Nacional de Bordeus e a Real Filharmonía de Galicia, dirixirá a Orquestra Sinfónica da Radio de Baviera, Filarmónica da BBC, Royal Philharmonic, Sinfónica de Hamburgo, Orquestra da Radio de Múnic, Australian National Academy of Music, a Nova Orquestra Nacional de Gran Bretaña e participará no Festival de Bregenz (Austria).

Entre as súas numerosas gravacións destaca o éxito alcanzado polo CD coa Sinfonía núm. 3 de Elgar para Naxos e o DVD da gravación de Lulu na Monnaie coa soprano Barbara Hannigan. Coa Orquestra Nacional de Bordeus gravou obras de Wagner, Mahler e Tchaikovsky. En 1998 recibiu un Premio Olivier pola súa dedicación á ópera e nos New Year´s Honours de 2000 foi condecorado coa Cruz do Imperio Británico.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Bad Manners + The Eskarallas
15 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5
A clásica historia
16 de outubro
Avenida do Burgo das Nacións
Os do fondo da Barra. Banzo.
18 de outubro
Praza do Balneario de Arteixo