Evento: XXV Maratón fotográfico

XXV Maratón fotográfico
venres, 1 outubro, 2021 a venres, 31 decembro, 2021
MARCO - Museo de Arte Contemporánea,
Vigo

XXV Maratón fotográfico

Maratón fotográfico organizado pola Agrupación Fotográfica Galega.

Desde que en 1995 a AFG Agrupación Fotográfica Galega organizase o seu primeiro Maratón Fotográfico "Concello de Vigo", este evento nunca deixou de celebrarse, aínda que cambiou varias veces de espazo de exposición, evolucionou no seu formato e duración, e adaptouse aos cambios derivados dos avances técnicos e da fotografía dixital. Hoxe en día, aberto á participación de calquera persoa afeccionada á fotografía, o certame articúlase ao redor de catro eixos: 24 horas de duración, 4 temas propostos pola organización, 20/25 series seleccionadas, e 3 series gañadoras.

As obras finalistas do Maratón Fotográfico Concello de Vigo exhibíronse en 2018 e 2019 no Espazo Anexo do MARCO. En 2020 celebrouse a XXV edición do certame e, con ese motivo, a súa sede trasladarase ao interior do edificio do Museo, exposta como unha dobre exposición. Nunha primeira fase (18 setembro -1 novembro) farase balance da súa traxectoria e percorrido, mostrando as obras gañadoras nas distintas edicións, en impresión individual, nunha mostra que poderá visitarse antes da celebración da xornada do XXV maratón. Aos resultados desta edición dedicarase a seguinte exposición, mostrando as obras seleccionadas como finalistas, de modo que o xurado elixirá as gañadoras o día da inauguración, e esas serán expostas en paneis ou en edición individual enmarcada.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
23 de xuño a 31 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
XV Premio Atlante de Gravado
9 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Club de lectura infantil
14 de outubro a 24 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
XVI Premio Novela Europea "Casino de Santiago"
22 de decembro a 25 de abril
Biblioteca Pública de Ourense