Evento: Visitas virtuais aos Museos Científicos en A Coruña
Visitas virtuais aos Museos Científicos en A Coruña
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae están pechados actualmente polas circunstancias sanitarias, pero agora o público poderá visitalos de maneira virtual os fins de semana e os festivos. Estas visitas, que teñen unha duración de 30 minutos e son gratuítas, realizaranse por videoconferencia, cunha conexión a través de Google Meet.
As persoas que reserven algunha das visitas recibirán unha ligazón para conectarse co persoal de atención ao público que estará a dirixir a actividade desde o museo, co que ademais se poderá conversar a través do vídeo ou do chat.
Os dous primeiros fins de semana de febreiro comezarase coas reservas ás persoas titulares de tarxetas de entrada anual (Tarxeta Venche e Tarxeta Venche Mini) e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
Que se pode ver?
As visitas que se ofrecen son as seguintes:
Casa das Ciencias
«Exposición Puro Swing». Unha visita para asistir ás máis sorprendentes demostracións sobre o movemento dos péndulos, comprender o segredo do botafumeiro, mirar como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubrir como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas. Horario: 11:30, 13.00 e 17.00 horas.
Domus
Laboratorio Aberto: disección en directo de corazón. Horario: 11.30 e 17.00 horas.
«Bocados»: visita á exposición sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Realización de experimentos relacionados coa nutrición. Horario: 13.00 horas.
Aquarium Finisterrae
Maremagnum: unha visita aos grandes acuarios, cos seus variados ecosistemas mariños, e á vida intermareal na Charca das Caricias. Horario: 13.00 horas.
Nautilus: visita a sala máis espectacular do Aquarium, onde nadan os peixes de maior tamaño, como as quenllas, corvinas, douradas, robalizas e meros, e os bancos de caballas e xurelos. Horario: 11.30 e 17.00 horas.