Evento: Robótica educativa para todas as idades. Arkitas robótica
Robótica educativa para todas as idades. Arkitas robótica
Robótica educativa para todas as idades. Arkitas robótica
Curso organizado por Amtega e Arkitas Robótica.
Nun mundo eminentemente tecnolóxico, aprender programación, robótica, deseño, impresión 3D entre outras habilidades tecnolóxicas que van xurdindo día a día, é de vital importancia para o futuro laboral da rapazada e as portas que abren.
Por outra banda, comprender mellor o mundo que nos rodea no plano tecnolóxico para poder interactuar con el a diario con seguridade e liberdade é, cada vez máis, imprescindible.
Axudar a adquirir todo ese coñecemento dun xeito divertido e cunha metodoloxía axeitada a cada perfil intelectual e a cada etapa educativa é a razón de ser de ARKITAS ROBÓTICA.
Ligazóns