Evento: Pequefilmes 2021: Cenicienta Swing

Pequefilmes 2021: Cenicienta Swing
sábado, 30 xaneiro, 2021 - 12:00
Centro de Innovación Cultural (CINC),
Santiago de Compostela

Pequefilmes 2021: Cenicienta Swing

Proxección do curto de Myriam Ballesteros.

No instituto Irmáns Grimm, onde estudan todos os personaxes do mundo dos contos en idade adolescente, celébrase o baile de fin de curso. No mellor da festa, a man dun Xigante rapta ao Príncipe e Cincenta sae no seu rescate. Nada será como esperabamos.

Este ano por primeira vez, o festival poderá verse tamén a través da rede, accedendo ás diferentes sesións a través da plataforma tv. Festhome. Para facelo, simplemente deberás crear o teu usuario e contrasinal e comprar a entrada para a sesión que prefiras, ou o abono para o festival completo, a un prezo reducido. O programa de Pequefilmes 2021 ofrece unha emocionante e amplísima antoloxía das mellores producións internacionais actuais para a cativada, todas elas estreadas nos dous últimos anos e moitas premiadas ou seleccionadas nos festivais de cinema infantil, xuvenil e de animación máis importantes do mundo (como Annecy, Clermont- Ferrand, Chicago ICFF, Animamundi, Animafest ou Dresdner Kinderfilfest). Recolle o máis destacado da produción internacional actual dedicada ao público infantil e xuvenil, consolidándose como unha oportunidade para ver pezas audiovisuais de gran calidade que adoitan quedar fóra dos circuítos de exhibición máis convencionais. A continuación podes ver o programa das oito sesións que compoñen esta quinta edición do festival, e comprar entrada para a que prefiras.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

XLVII Semana de Cine de Lugo 2025
22 de setembro a 26 de setembro
Biblioteca Pública de Lugo
Aprueba primero
24 de setembro
Filmoteca de Galicia
Mburucuyá, cuadros de la naturaleza
24 de setembro
Filmoteca de Galicia
La vuelta al nido
25 de setembro
Filmoteca de Galicia