Evento: Mburucuyá, cuadros de la naturaleza
Mburucuyá, cuadros de la naturaleza
En 1799 Friedrich Heinrich Alexander Von Humboldt, en compañía do botánico Aimé Bonpland, partiu do porto de Marsella rumbo a Sudamérica, onde permanecería cinco anos. O choque entre as dúas culturas, entre os dous modos de pensamento, era inevitable. A descrición perfecta das plumas do pato fainos perder a súa esencia, a súa alma. Mburucuyá, esa estraña flor latinoamericana que os españois rebautizarán como “pasionaria” polos seus pistilos que lembran os tres cravos do Cristo na cruz, é máis que nada cor e movemento. É un alento de Duración que escapa ao racionalismo científico de Von Humboldt, que dá por concluída a súa misión despois de ter “disecado máis de mil seiscentas plantas e colectado máis de seiscentas especies” e non poder achegarse nin un milímetro a esoutra calidade, a ese coñecemento distinto, que supón a mirada do indíxena Yancagua, “cazador de xaguares”, que permanecerá por sempre “atrapado no soño de Alexander cheiro a xabón”. Acha completou a montaxe mais faleceu antes de que existise unha copia definitiva do filme. (Ricardo Parodi no catálogo do BAFICI 2006)
Máis eventos do ciclo Fulgores e fracturas do cinema moderno arxentino



