Evento: MiraMiró
MiraMiró
Creación e interpretación: Aina Pascual, Catalina Carrasco, Gaspar Morey
MIRAMIRÓ é UNHA VIAXE Ao COSMOS DA MAN DE JOAN MIRÓ
Unha coprodución do Teatre Principal de Palma e Baal coa colaboración de Successió Mirou e a Fundación Joan E Pilar Miró na elaboración de talleres.
É unha proposta de danza familiar, que pola súa orixinalidade, polo seu labor pedagóxico e, pola súa boa factura, esperamos que encaixe na programación infantil da rede de teatros galega.
MiraMiró é un espectáculo de danza e vídeo-proxección interactiva para os máis pequenos, que nace do universo de Joan Miró. Estreouse o 25 de novembro de 2017 no Teatro Principal de Palma de Mallorca.
Un espectáculo de danza e animación de vídeo para os máis pequenos que nace do universo de Joan Miró. Unha selección da súa obra gráfica forma o marco no cal se desenvolve a peza. As vivas cores, as formas xeométricas e a aparente "totipotencia" das "figuras e personaxes" estimulan a fantasía, deixando entrever que todo é posible. Como por encantamento as pinturas adquiren vida e transpórtannos a un cosmo-universo imaxinario: Unha aventura chea de descubrimentos e sorpresas.
MiraMiró será o espectáculo infantil que acompañe como actividade complementaria na Fundación Botín de Santander (Centro Botín), como actividade a exposición: "Joan Miró: Esculturas 1928-1982"
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
