Evento: La Sra. Tomasa

La Sra. Tomasa
sábado, 22 maio, 2021 - 22:00
Sala Rebullón,
Mos

La Sra. Tomasa

Concerto do grupo barcelonés.

O grupo barcelones, La Sra. Tomasa arrinca a xira do seu terceiro disco "Alegre pero perigoso" (Guspira Records 2020). Estas son as primeiras datas nas que poderedes ver a este grupo.

La Sra. Tomasa é un grupo español que fusiona xéneros latinos, electrónicos e urbanos. Fincado en Barcelona, naceu en 2012. Está integrado por sete compoñentes e traballa coa discográfica Guspira Records. Nos seus oito anos de traxectoria, a banda publicou tres discos e participou en múltiples festivais, tanto nacionais como internacionais.

La Señora Tomasa nace en Barcelona no ano 2012 coa vontade de ocupar un espazo musical baleiro. Ata ese momento, todos os seus compoñentes foran artistas habituais da escena mestiza barcelonesa.

O antecedente máis directo do grupo sitúase en Puro Vicio, un proxecto musical de fusión ska, rock e reggae do que formaban parte Santiago Longarón, Marc Soto e Pau Lobo. Todos eles, membros actuais do grupo. A disolución de ?Puro Vicio? levaría aos tres músicos a buscar outras alternativas, que se materializarían no primeiro disco da Sra. Tomasa, Corazón, bombo e son, para o que contaron co asesoramento de Gerard Casajús, percusionista da Kinky Beat e Radio Bemba. Desde 2012 ata 2014, ano de publicación do disco, o grupo non pisou ningún escenario. A súa actividade centrouse, exclusivamente, na procura dun son que definise o novo proxecto. Durante o proceso, tamén se unirían á banda Pablo Domínguez, Jordi Sanz e Gerard Williams. O último músico en adherirse á formación sería Alberto Limiñana, xusto antes de iniciar a primeira xira do grupo.

 

  • La Sra. Tomasa - Es lo que hay

Máis eventos de tipo Concerto

Alexander Abreu y Havana D´Primera
17 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Los Straitjackets + Mad Martin Trio
18 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
O rianxeiro
19 de xuño
Pavillón Bernabé Costas
Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura