Evento: Alén do mar

Alén do mar
sábado, 11 febreiro, 2017 - 20:30
Teatro Principal de Ourense,
Ourense
Concerto do grupo Oscar Ibáñez& Tribo

Oscar Ibáñez presenta o seu primeiro traballo discográfico en solitario baixo o título “Alén do mar” (VIR, 2012). Neste disco o gaiteiro e frautista pontevedrés convídanos a unha viaxe sonora que discorre polo Atlántico chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, a través dunha magnífica selección de melodías galegas e latinoamericanas enriquecidas con elementos propios da música celta.

Deste xeito mestura muiñeiras ancestrais recollidas polo gaiteiro boticario Perfecto Feijóo, composicións celtas do virtuoso violinista Manuel Quiroga ou un tema dedicado ao pirata da Moureira Benito Soto, co arin-arin, un xénero xerado no Camiño de Santiago Norte ou Camiño da Costa o seu paso por Euskadi, o flamenco e outras músicas denominadas de ida e volta coma a habanera, o choro, o valse venezolano ou o tango, que atopou na outra ribeira.

Para esta nova proposta Oscar Ibáñez inspirouse no poema “O fillo de Celt” do cambadés Ramón Cabanillas.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os contos do Lobicán
23 de maio, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Helen Keller, a muller marabilla?
23 de maio, 20:30
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Fagamos o humor
23 de maio, 21:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Os contos do Lobicán
24 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña