Evento: Pegadas

Pegadas
venres, 24 abril, 2015 - 21:00
Fórum Metropolitano,
A Coruña
Espectáculo de Ningures Produccións, a partir de textos de Suso de Toro e Anxos Sumai, entre outros

Dirección: Etelvino Vázquez

Elenco: Casilda Alfaro

Proposta moi persoal da actriz Casilda Alfaro para a que conta coa produción de Teatro de Ningures, compañía da que forma parte desde a súa fundación hai máis de 27 anos. 

Con dirección de Etelvino Vázquez, a montaxe que Alfaro interpreta en solitario está construída a partir de textos de Suso de Toro, Anxos Sumai, Benito Pérez Galdós, Manuel Pazos, Eurípides e Laila Ripoll. Así, cada “pegada” é o recordo dunha obra, dunha escena ou dun personaxe que lle permiten á actriz volver a ollada cara a atrás para reflexionar e facer balance sobre diferentes vivencias e momentos compartidos, así como sobre o pouso que deixan na memoria colectiva.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rege galega de teatros e auditorios onde se representa.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O grande incendio
19 de xuño, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
O grande incendio
20 de xuño, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
As pitas baixo a choiva
21 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Os Ourizos, o musical
28 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra