Evento: Eu decido a historia
Eu decido a historia
Impartido por Andrea Barreira Freije.
É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.
Lugar: Salón de actos
Datas: Martes 12, 19, 26 de xaneiro e 2 de febreiro
Horario: de 18:45 a 20:15 horas
O presente obradoiro de narrativa busca aprender a escribir relatos dun xeito crítico e ameno, no que se explican as ferramentas precisas para construír un relato.
En "Eu decido a historia", reflexionaremos sobre que funciona e que non nas lecturas; sobre que libros nos atraen e cales son os elementos narrativos que fan posible isto.
Todo para aprender a construír as historias que non nos contaron, os sentimentos que as moven e os actos que as empurran.
OBXECTIVOS:
- Aprender a construír un relato
- Coñecer os elementos narrativos
- Relacionar ideas a partir das causas e consecuencias
- aumentar a comprensión lectora
- Eliminar medos e inseguridades da lectura cara ao público
- desenvolver a capacidade de crítica construtiva.
Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.