Evento: O principio de Arquímedes

O principio de Arquímedes
xoves, 4 xuño, 2015 - 21:00
Teatro Principal,
Santiago de Compostela

O principio de Arquímedes

Espectáculo teatral da compañía Teatro do Atlántico

Sinopse: Preferimos vivir nun mundo onde aínda é permitido un xesto de tenrura cun cativo, aínda que así queden fendas para os abusos, ou preferimos unha sociedade de seguridade reforzada que impón o control dos individuos para previr calquera risco? A proliferación dos dispositivos de seguridade fai pensar que a escolla xa está feita.(Laurent Gallardo, tradutor da Maison Antoine Vitez)

Sobre a figura dun adestrador de natación con alumnos infantís, recae a sospeita, manifestada polos pais dos rapaces,  de que pode tratarse dun pederasta.

A sospeita –provocada por un feito con tantos argumentos para que sexa fundada como para que sexa absolutamente infundada-, medra pouco a pouco e alimenta o medo, esa sombra negra que, ao que parece,  xa se converteu en presenza inevitable na nosa sociedade. E a bóla medra, e non hai quen a parala; e o monstro do medo desemboca en violencia.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se representa

            

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra