Evento: Pulpiño Viascón: a organeta

Pulpiño Viascón: a organeta
sábado, 18 setembro, 2021 - 18:00
Cuntis,
Cuntis

Pulpiño Viascón: a organeta

Espectáculo a cargo de Pulpiño de Viascón

Marcos Aboal Vázquez, coñecido artisticamente como Pulpiño Viascón, é un polifacético artista que forma parte dos Diplomáticos de Monte Alto e ten formado parte de proxectos como Bonovo, o Jarbanzo Negro, Galegoz, Tecpilek, Escupe Escapa, Os Bolechiñas, Maraya Zydeco ou Pulpiño Viascón e os Instrumentos Máxicos. Ademais, colaborou tocando o serrucho e a trompeta con Manu Chao no seu álbum Sibérie m'était contéee e con Susana Seivane. Despois do seu éxito en grupos previos, trae agora unha animacións de rúa itinerantes para todos os públicos.

A organeta é un instrumento musical mecánico de época, perfecto para ambientar feiras e festas populares galegas, un órgano de barbaria inglés de adopción galega, construido nos anos 20 restaurado nos 80 en Bristol, Inglaterra. Música mecánica en movemento, le libros de música dándolle a unha manivela. O serrucho máxico de Pulpiño Viascón e un adorable paxaro títere estarán presentes nun show inesquecible para quen o presencie.

  • A Organeta na praza do humor

Máis eventos de tipo Espectáculo

A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A xira do cuarto de século
27 de setembro
Auditorio Municipal Hernán Naval
Xeografía do imaxinario: contos, versos e lendas de Galicia
17 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
C@nto contigo
24 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal