Evento: LeTriska Inmobile

LeTriska Inmobile
sábado, 28 maio, 2022 - 18:30
Barreiros,
Barreiros

LeTriska Inmobile

Espectáculo que combina novo circo e clow.

sla Le Triska presenta este delirante espectáculo no cal combina disciplinas de Novo Circo e clown con excentricidades e xogos co público. Un personaxe eléctrico e moi tolo sorprenderá a todos realizando proezas como: incribles malabares, darlles novos usos a obxetos cotiáns, pelexar co público, cantar ou converter a un neno nun grande artista de circo. Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobretodo tontería, moita tontería. Pequenos e grandes sacarán ó tolo que levan dentro.

Isla LeTriska, malia a súa ampla traxectoria de dez anos nos escenarios, conserva íntegra a ansia artística, pura e rebelde, do principiante. Desde a ilusionante escena do Novo Circo galego, en máis dunha década de carreira Isla LeTriska xamais se acomodou nunha mesma vertente artística. Flutúa, viaxa, explora. Dese xeito, é capaz de crear un espectáculo para o circuíto de salas tan exitoso como é Fermín Noite para despois regresar ás orixes co seu espectáculo de rúa máis refinado e clásico. Isla mantén a estética e a liña humorística dos grandes pallasos arxentinos nunha conexión directa co público, na que as falcatruadas agroman a cada pouco. En definitiva, garda no seu interior un universo creativo versátil, cheo de sorpresas e de ideas sorprendentes.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola