Evento: Festicultores Troupe 15º aniversario

Festicultores Troupe 15º aniversario
venres, 19 marzo, 2021 - 20:00
Lira,
Carnota

Festicultores Troupe 15º aniversario

Concerto da banda con máis de 15 anos de historia.

Unha banda con 15  anos de historia e máis de 800 actuacións por varios países como Portugal, Francia, Serbia, Polonia, España, e cunha habilidade irrebatible: a de cultivar a festa máis vigorosa alá onde ve a base de música, humor, baile e desinhibición cerebral.

Compartiron varias veces escenario con artistas como Manu Chao Radio Bemba Sound System onde foron convidados a participar no evento Baionarena no ano 2008.

Con Emir Kusturica & the no Smoking Orchestra  onde ademais de telonear en varias ocasións, foron contratados para o Festival Kusstendorf en Serbia organizado polo mítico director de cinema. Fanfare Ciocarlia, Gogol Bordello, Dubioza Kolektive, Muchachito, Macaco, foron outros grupos cos que tiveron a oportunidade de compartir festa.

Todo comeza cando unha noite de lúa chea Emilio Ouro sofre unha transformación xenética e cerebral que o levou a converterse na Kabra Macabra. Despois de meses de andaina co seu carriño de música itinerante e moita vida social decide recrutar tropa para revolucionar o mundo dos pasarrúas en Galicia. A primeira formación do grupo quedou así integrada por Yuri Brinkas (cantante), Xiñor Tonichi (guitarra), Martín el Beizo (trompeta), Alex Díaz (saxo), Gustavo Agasi (caixa), Xurxo Troncoso (bombo), Manuel Lousas (violín) e Emilio Ouro (teclado), aos que logo se une Miguel Rumbao (baixo).

A formación estréase no Corpus de Ourense nunha noite regada con viño, na que ven no deber de repetir o repertorio tres veces. Comeza así a tocar nunha chea de festas e festivais e articula o seu primeiro show: Rumaníacos, a cerimonia do cultivo da sacra semente da festicultura que fai brotar o espírito festeiro polo mundo adiante. Logo veu o espectáculo As Kabras Chouteiras, que mestura sketch, música e humor .

 

Máis eventos de tipo Concerto

THE KROWD - Trío
22 de agosto
Rúa dos Viños
Sandwina
22 de agosto
Ermida San Bartolomeu
Xira 25 aniversario
23 de agosto
Praza de San Sebastián
Concerto
24 de agosto
Paseo do Malecón