Evento: Xornada 35º aniversario de Santiago como Patrimonio da Humanidade

Xornada 35º aniversario de Santiago como Patrimonio da Humanidade
venres, 4 decembro, 2020 - 10:00
Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia,
Santiago de Compostela

Xornada 35º aniversario de Santiago como Patrimonio da Humanidade

Conferencia polo 35º aniversario de tan transcendental efeméride.

O 4 de decembro do ano 1985 a cidade de Santiago de Compostela era declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Este venres cúmprese o 35º aniversario de tan transcendental efeméride. Para conmemoralo, o Consorcio de Santiago vai celebrar unha xornada no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia; e, co fin de que poida chegar ao maior número de persoas posible, poderá seguirse tamén en directo desde as diversas canles do Concello.

Baixo o lema ?A xestión do Patrimonio Mundial dá Unesco?, o evento comezará ás 10:00 horas e prolongarase ao longo de toda a mañá. Na inauguración contarase coa presenza do secretario xeral de Cultura do Ministerio de Cultura  e Deporte Javier García -que participará  telematicamente-; e o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.
Logo intervirán Xerardo Estévez, arquitecto e rexedor da cidade no momento da súa declaración como Patrimonio da Humanidade; e o alcalde de Porto, Rui de Carvalho de Araújo Moreira -de maneira telemática-. Abordarán a complexidade da xestión dunha cidade Patrimonio Mundial da Unesco. Xerardo Estévez lembrará ademais como foi o proceso de candidatura de Santiago.

A xornada finalizará cunha mesa redonda de debate sobre ?O Patrimonio da Unesco en Galicia: múltiples experiencias de xestión?. Estará moderada pola concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón. Participarán na mesma o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; e a directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, María del Carmen Martínez.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello
Toponimízate 2025
2 de outubro
Casa das Letras - Biblioteca municipal