Evento: Tras o Colón galego, de Pontevedra ao novo mundo

Tras o Colón galego, de Pontevedra ao novo mundo
venres, 4 decembro, 2020 - 20:00
Teatro Principal de Pontevedra,
Pontevedra

Tras o Colón galego, de Pontevedra ao novo mundo

Estrea do documental que recolle as teorías de Cristobal Colón.

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá a estrea do documental “Tras o Colón Galego, de Pontevedra ao Novo Mundo”. Documental que recolle todas as teses e teorías que fan pensar que o navegante e explorador Cristóbal Colón era natural de San Salvador de Poio.

A peza documental, guionizada polo presidente da Asociación Cristóbal Colón Galego, Eduardo Esteban, foi dirixida e editada por Anxo Peláez e Fernando Portela. O documental está financiado polo Concello de Pontevedra, o GALP (Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro) Ría de Pontevedra e tamén pola Xunta de Galicia.

Se queres ir á estrea o venres 4 de decembro ás 20:00 h. debes enviar un correo a porte@imaco.es

A entrada é de balde e por estrita orde de inscrición. Haberá un aforo máximo de 30 persoas.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Museos de cine
17 de abril a 5 de xuño
Museo de Belas Artes
Luces al atardecer
20 de abril
Filmoteca de Galicia
Perdición
23 de abril
Filmoteca de Galicia