Evento: Fanzine Fest 2020: Oscar Mulero
Fanzine Fest 2020: Oscar Mulero
Madrid, mediados dos 80, a capital española vive unha verdadeira explosión musical non coñecida ata entón. No medio de todo este vórtice un adolescente descoñecido entra nunha tenda de discos para investir os seus aforros nun álbum, Standing on a beach de The Cure. Nin el mesmo sabía que este ía ser o primeiro banzo dunha longa e custosa escaleira que lle levaría a ser un dos dj's imprescindibles deste país.
Esta afección polos discos para consumo propio continuou ampliándose con referencias de Joy Division,The Smiths, Sisters of Mercy, Fields of the Nephilim e toda a Dark wave e o rock gótico. A electrónica chegou máis tarde, cando asiste como público a un dos momentos históricos da electrónica madrileña, as míticas noites EBM na discoteca OH Madrid. Falamos de 1989 e unha arriscada promotora decide traer á capital á flor e nata do Body Music Europeo, nuns poucos meses pasan polo escenario desta discoteca: Front 242, Cassandra Complex, Nitzer Ebb ou A Split Second. Moitos dos asistentes a estas noites engancháronse definitivamente á electrónica máis dura e Óscar foi un deles. A colección crece e xa non é suficiente escoitar os discos en solitario unha e outra vez, rapidamente xorde a necesidade de compartir esa música cos demais, o virus do dj ataca o sistema nervioso de Óscar, case sen percibilo perfílase a vocación e pronto chega a primeira oportunidade: Un amigo que pica nun pequeno club ponse enfermo e chámalle para substituírlle.