Evento: Home Orquestra

Home Orquestra
venres, 10 xuño, 2022 - 18:00
Zona Vella,
Santiago de Compostela

Home Orquestra

Concerto do músico autodidacta.

Baixo o nome de Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina aos oito anos dentro da música tradicional, e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou a banda de punk Oxtiax Ke Te Pariu. Desde comezos do verán de 2008, este músico leva percorrido toda a xeografía galega a un ritmo de máis de 150 concertos ao ano, paseando polos mellores festivais e festas do país levando ás costas a súa proposta: Cé Orquestra Pantasma, un proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga a perfección toda unha vida musical.

Apoiándose na recuperación da figura do Home Orquestra, Cé Orquestra Pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar, entregándose por completo á festa. Porque iso é o que son os seus espectáculos: unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía, onde o público deixa de ser público para se converter en protagonista. As posibilidades que ofrece Cé Orquestra Pantasma abranguen calquera celebración. A súa especialidade, a animación musical e as actuacións de rúa, adáptase a calquera tipo de festas, romarías ou feiras de época. As súas actuacións tamén son aptas para os espazos pechados e pode participar en todo tipo de iniciativas, desde recitais poéticos até en celebracións e bailes para a xente maior.

  • Ce Orquestra Pantasma no Caselles

Máis eventos de tipo Espectáculo

A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos
Os Bolechas e o gran reto
18 de xullo
Praza Juan Salgueiro
Os Bolechas e o gran reto
19 de xullo
Peirao de Arcade