Evento: Presentación Radio Primavera Sound

Presentación Radio Primavera Sound
sábado, 21 novembro, 2020 - 13:00
Pazo da Cultura de Carballo,
Carballo

Presentación Radio Primavera Sound

Actividade dentro do Festival Carballo Interplay 2020.

Radio Primavera Sound é a radio oficial do festival Primavera Sound pero tamén é moito máis que iso. Emitindo audio e vídeo online desde 2019, RPS quere recoller todas as sensibilidades musicais que acollen no Primavera Sound e abrir os seus micrófonos a novas voces, voces informadas, e a contidos diversos, feministas e disidentes. Cunha audiencia de case 500.000 escoitas ao mes, RPS emite as 24 horas desde radioprimaverasound. com e aloxa medio centenar de podcasts entre eles Deforme Semanal Ideal Total e Ciberlocutorio nas principais plataformas de podcasting, Spotify, Apple Podcasts, Mixcloud, Soundcloud, iVoox.

MARTA SALICRÚ

Marta Salicrú é a directora de Radio Primavera Sound, unha radio online que quere ser feminista, diversa, aberta e disidente. Xornalista musical de Barcelona con 15 anos de experiencia 11 dos cales en Time Out Barcelona, a metade como xefa de redacción, colabora en Rockdelux, explica cultura pop na ESCAC (Escola Superior de Cinema e Audiovisuais de Catalunya), e escribiu Putos himnes generacionals (Columna, 2015). Participou como relator en eventos internacionais da industria musical como Eurosonic Noorderslag (ESNS), Primavera Prol, M for Montreal and MIL, Lisbon International Music Network, e picou pop entendido da maneira máis ecléctica posible en salas como A [2] de Apolo e Razzmatazz, festivais como FIB, Vida ou Indietracks, e clubs como How Does It Feel To Be Loved.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal