Evento: Festival Carballo Interplay 2020: Xan
Festival Carballo Interplay 2020: Xan
Xan non é un millenial calquera. Ten un superpoder. Conta coa capacidade de non dicir nada. Non foi picado por unha araña radioactiva silenciosa. A súa realidade, simplemente, deixouno sen palabras.
Xan é unha comedia de 6 episodios dirixida por Lucía Estévez con guion de Miguel Canalejo, que tamén interpreta a Xan, o protagonista. Conta cunha chea de colaboracións de actores e actrices galegas como Irene Lorenzo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Sila Sicilia, Marta Doviro, Sheyla Fariña, Camila Bossa, Víctor Duplá, Xoán Fórneas, Santi Cuquejo, Lucía Regueiro, Sara Fandño, Marta Cereixo, Areta Bolado, Manu Estévez, Daniel Currás, Covadonga Berdiñas, Guillermo Carbajo, María Vermella, Cris Andrade, Alberto Fraga, Nacho Vere, Alicia Armenteros, Alejandro Jato ou María Vázquez.