Evento: Roberto Sobrado

Roberto Sobrado
venres, 17 xullo, 2015 - 22:30
Alameda de Vilagarcía,
Vilagarcía de Arousa
Concerto acústico

Proposta acústica do directo de Roberto Sobrado grupo.

A banda de Roberto Sobrado atópase traballando no que será o seu cuarto traballo como grupo. A gravación está en proceso pero o grupo xa está presentando os novos temas no seu directo: unha volta arredor de si, rockeira, unha reivindicación “resentida”, un harakiri consciente pero non total ao cantautor que leva dentro. Eclécticos (coma sempre) fártanse de facer chiscadelas reixianas, calamarianas, indiebeatles e incluso radioheadianas e suaves. Os textos retórcense buscando a metáfora asequible, o punto social, o escéptico, o surrealista e o amor.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos dos concertos: Casa das Crechas e Moon Music Club.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra