Evento: Pedro e o Lobo

Pedro e o Lobo
sábado, 7 marzo, 2015 - 18:30
Auditorio de Galicia,
Santiago de Compostela
Espectáculo de teatro infantil da compañía Fantoches Baj

Adaptación da obra de Prokofiev
Dirección: Inacio Vilariño

Elenco: 
Irati, a pata e o paporrubio: Larraitz Urruzola
O avó Isolino, Antón o cazador e o lobo: Luís Iglesias (Luchi)
Pedro e o gato:Inacio Vilariño

Sinopse: Pedro e Irati son un matrimonio de fillos e netos de traballadores do ferrocarril, donos agora dun parque temático onde se recrea en miniatura un circuíto dun antigo tren a vapor. Hoxe, utilizando algúns dos elementos escenográficos do seu parque (a estación de Montefurado, o vagón-vivenda do avó, unha augada e un bosque) cóntanlle a xente como se coñeceron na estación abandonada de Montefurado nun día en que toda a aldea andaba a procura dun lobo, de como Pedro cazou o lobo para facerse o valente e vingarse de que lle papara a seu “pata Branca” e como finalmente Irati convence a Pedro para que perdoe ao lobo e o deixe retornar ao seu ámbito natural, o bosque.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se represnta: Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Moby Dick
9 de maio, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Cortello de Amor
9 de maio, 21:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Tres vellas (na Romaría)
9 de maio, 21:00
Casa da Cultura - Burela - Lugo
Compaña
10 de maio, 12:30
Teatro Principal - A Estrada - Pontevedra