Evento: Entre copas

Entre copas
mércores, 11 novembro, 2020 - 19:30
Sede Afundación A Coruña,
A Coruña

Entre copas

Proxección da película de Alexander Payne.

Miles, un divorciado deprimido, aspirante a escritor e apaixonado do viño, propón ao seu vello amigo Jack, un actor fracasado que está a piques de casar, facer unha viaxe para visitar viñedos e probar viños antes da súa voda. Forman unha estraña parella: Jack é un sedutor; Miles, un pesimista. Jack pretende saborear os seus últimos días de liberdade, Miles só aspira a paladear un viño perfecto. Jack confórmase cun Merlot barato, Miles morre polo perfecto Pinot. De feito, o único que teñen en común son as súas ambicións erradas e a perda da mocidade.

Entre copas (Sideways) é o título da primeira película enmarcada no ciclo de cinema «Cinema para os sentidos» que se proxectará o luns 11 de novembro ás 19.30 h no Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia da Coruña. Con Entre copas o gusto consegue o papel protagonista. Esta longametraxe de Alexander Payne comeza cando dous vellos amigos emprenden unha viaxe por estrada catando viños só para mudar de rumbo. Acaban por entrar nunha irónica exploración das vicisitudes do amor e a amizade.

  • Entre copas

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Carretera asfaltada en dos direcciones
23 de maio
Filmoteca de Galicia
Rufufú
23 de maio
Filmoteca de Galicia
Fellini 8½
24 de maio
Filmoteca de Galicia
A través del huracán
27 de maio
Filmoteca de Galicia