Evento: It must be heaven
It must be heaven
O director Elia Suleiman, debido á nostalxia, viaxa por diferentes cidades do mundo buscando similitudes coa súa terra natal, Palestina. No proceso de atopar un novo fogar, Suleiman dáse conta de que Palestina parece perseguirlle alá onde vai. A esperanza dun novo comezo termina converténdose nunha comedia chea de erros.
Nado en Nazareth en 1960, Elia Suleiman viviu en Nova York entre 1981 e 1993. Durante este período, dirixiu as súas dúas primeiras curtas coas que gañou numerosos premios. En 1994 mudouse a Xerusalén, onde a Comisión Europea lle encargou un Departamento de Cinema e Audiovisuais na Universidade Birzeit. A partir de aí, a súa carreira cinematográfica foi fulgurante ata converterse nun dos cineastas palestinos de referencia.