Evento: Empanadilla da casa

Empanadilla da casa
venres, 13 agosto, 2021 - 20:00
Anfiteatro da Praia fluvial de San Clodio,
Ribas de Sil

Empanadilla da casa

Espectáculo musical a cargo de Migallas Teatro

“Empanadilla da casa” é un espectáculo onde se combina a música ao vivo do álbum “Zaragallada”, de “Banda Migallas” con sketchs humorísitcos a cargo da actriz María Campos, de “Migallas Teatro”. http://migallas.gal/o_cantante_e_as_mulleres

“Zaragallada” é o terceiro disco de Migallas Teatro. Os dous  anteriores, “Canta connosco!” e “Pan de millo” estaban dedicados ao público infantil mais, nesta ocasión, dirixímonos principalmente á mocidade e ás persoas adultas. Como o seu nome indica, “Zaragallada” (recheo da empanada) consta de 13 temas con ritmos e contidos moi variados. Podemos escoitar cancións pop, rock, ska, un pasodobre, un tango, unha rumba, un valse, unha nana, unha pandeirada, etc. Moitas das letras tratan cuestións de tipo social aderezadas con humor e retranca e outras on de carácter lírico. A produción artística corre a cargo de Segundo Grandío, do estudio “Casa de tolos”.

As cancións alternan coas interpretacións teatrais nas que se tratan en clave de humor temas moi próximos ós/ás espectadores/as como o machismo; os comportamentos sociais ; o consumismo; os prexuízos sobre a lingua galega; o fanatismo no deporte; a influencia da TV; o clasismo; a moda e a publicidade; etc. Entre as personaxes humorísticas atópase a popular Sra. de Palmírez do programa Luar da TVG.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Experiencias en familia
11 de agosto, 20:30
Rúas da vila - Boiro - A Coruña
A Roda – Xira 2025
11 de agosto, 22:30
Praza de España - Monforte de Lemos - Lugo
Peque Disco Moc Moc
12 de agosto, 11:30
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey - O Grove - Pontevedra
Os contos de Pablísimo
12 de agosto, 12:00
Praia Xardín - Boiro - A Coruña